InicioCulturaPropostas de lecer en Sarria, Sober e O Saviñao

Propostas de lecer en Sarria, Sober e O Saviñao

Coas debidas precaucións, e seguindo os protocolos indicados, atopamos diversas propostas culturais relacionadas coa música, o teatro e o lecer infantil esta fin de semana no sur de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En Sarria temos este sábado 5 de setembro a partires das 18:00 h. un pasarrúas que animará aos máis pequenos/as da casa a cargo da Compañía de animación Troula. Trátase de “Hakuna Matata”, unha posta en escena moi divertida na que un zancudo terá que controlar a unha xirafa tola, un rinoceronte desbocado, un elefante que dá voltas… O percorrido arrincará da Ponte Ribeira e rematará na Praza da Vila pasando antes polo Malecón, a Rúa Calvo Sotelo e Catro Camiños.

Dende o Concello lembran que se deben gardar as medidas de seguridade, levar máscara e respectar a distancia física. Tamén, como non, evitar aglomeracións e non formar grupos de máis de dez persoas.

Espectáculo ‘Hakuna Matata’ / Troula Animación

Pensando xa nun público adulto, a Concellería de Cultura de Sarria convida o domingo, 6 de setembro, ás 21:00 horas, a gozar da obra “Sénior” na Praza da Vila. Un espectáculo cómico sobre a crise dos 50, cos coñecidos actores Luis Iglesia e Marcos Orsi como protagonistas.

A organización lembra que non é preciso reservar entrada, pero o acceso será por rigoroso orde e ata completar o aforo.

Este sábado 5 de setembro volve a música a Sober. A Praza do Pulpo será, a partir das 22:30 h., o escenario dun concerto no que a combinación de humor e música será a protagonista. A escena o dúo Carta de Ajuste, unha formación luguesa composta por David Taboada e Iván Valdés. Dous músicos insensatos e moi dados á troula e á parodia influenciados por agrupacións musicais de corte cómico como Les Luthiers, Académica Palanca ou Los Gandules.

Carta de Ajuste. Foto: D & I

Este dúo acústico foi evolucionando ata imprimirlle ao seu espectáculo un carácter máis teatral, humorístico e desenfadado que os está levando a adaptar no seu repertorio todo tipo de xéneros musicais, dende a rumba ou a música disco ata o funk, a música tradicional ou a lambada. Versións e risas aseguradas co seu espectáculo “O mellor e o peor dos 80 e 90 en concerto”.

No Círculo do Saviñao, seguindo coa súa programación de concertos, o sábado 5 ás 20:00 h. chega a Escairón o dúo Soul & Roll, formado por Miguel Araújo á guitarra e Tamara Pérez como voz solista. Interpretarán versións de grupos míticos como Queen, Creedence Clearwater Revival, Jackson Five, Police, U2, Nirvana o Guns and Roses, Bruno Mars o Bon Jovi pero tamén un amplo repertorio de clásicos do pop e do rock español.

Soul & Roll nunha actuación no Círculo Saviñao no 2016. Foto: C.S.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...