“Reboiras, acción e corazón”, proxección e coloquio en Monforte

O traballo documental de Alberte Mera chega aos cinemas da cidade do Cabe este sábado 12 de setembro.

Moncho Reboiras. Ilustración: XMF

O documental “Reboiras, acción e corazón”, dirixido por Alberte Mera, estrearase este sábado nos Multicines Hollywood de Monforte ás 20:30 h. Ao final do pase haberá un coloquio co propio director.

Para acceder á reserva de entradas pódese facer a través da páxina web: galicine.es/cine-monforte/reboiras-acción-e-corazon ou na billeteira o mesmo día. O tráiler e información detallada do filme documental entrando na páxina reboiras.gal.

SINOPSE

Na madrugada do 12 de agosto de 1975 foi asasinada a última vítima mortal da ditadura franquista en territorio galego, Xosé Ramón Reboiras Noia. En 2020, cando se fan os 45 anos do seu asasinato, “Reboiras. Acción e corazón” leva á pantalla un retrato deste mozo galego construído desde a vertente humana e política. A súa traxectoria e o seu pensamento son recreados a través de 28 entrevistas de testemuñas que con el partillaron diversas etapas da vida. Ademais, a obra recrea a través de secuencias de ficción as últimas horas de Xosé Ramón Reboiras Noia e recolle filmacións históricas e de arquivo.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here