Presentación do libro “Triacastela, Refugio Real”

Tarde cultural este sábado en Triacastela coa presentación do libro "Triacastela, Refugio Real" e concerto do grupo A Quenlla

Triacastela / Web Concello de Triacastela


Este sábado, 17 de outubro, ás 17:00 horas a alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, presidirá o acto de presentación do libro ‘Triacastela, Refugio Real’, un volume sobre a historia do Concello.

No acto estará acompañada polo autor do libro, José M. Salgado, e polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias Fouz.

De seguido, ás 18:30 horas, haberá un concerto do grupo A Quenlla, evento promovido pola Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés e o Xacobeo 2021 en colaboración co Concello de Triacastela. Ambos os actos serán nunha carpa instalada na Praza da Deputación de Triacastela.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here