Domingo musical para público familiar na Casa da Cultura de Monforte

Este domingo 8 de novembro ás 18:00 h o salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro acollerá un espectáculo musical para público infantil e familiar dentro do programa “Outono é diversión” de Política Lingüística.

Aspecto do Salón de Actos da Casa da Cultura Lois Pereiro / XdL

Compañía María Faltri e Jorge Juncal presenta “Fantasía coas palabras”, espectáculo musical no que se unirán a música en directo e a acción teatral no recorrido polas cancións que compoñen o disco “Fantasía con Palabras”.

Os compoñentes do grupo son María Faltri, Jorge Juncal, Juansy Santomé, Reynier Aldana e Max Gómez. A entrada para esta obra é gratuíta, sendo o aforo limitado. 

Debido a situación sanitaria é obrigatorio o uso de máscaras, haberá que gardar a distancia de seguridade e usar a solución hidroalcohólica. A entrada farase media hora antes do comezo da obra ata completar o aforo.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here