InicioCulturaCultura 'vía streaming' en Quiroga

Cultura ‘vía streaming’ en Quiroga

Aproveitando as avantaxes das novas tecnoloxías, o concello ofrecerá o domingo 8 de novembro unha retransmisión en directo dende o Auditorio Municipal do espectáculo "Proxecto Noee”, de Sarabela Teatro. A veciñanza poderá seguilo dende as súas casas á hora prevista.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Quiroga tiña programado para  vindeiro  domingo, día 8 de novembro, o espectáculo  infantil “Proxecto Noee”  a cargo de Sarabela Teatro no Auditorio Municipal.

Co obxectivo de protexer  á poboación, e por prudencia ante a situación sanitaria actual, o Concello  decidiu non desenvolver actividades susceptibles de concentrar público. Ante tal situación, e como estaba programado o espectáculo para o domingo 8 ás 18:00 h. no Auditorio Municipal de Quiroga, decidiuse buscarlle unha alternativa para non ter que cancelalo. Aproveitando as  posibilidades que ofrece a tecnoloxía, a función realizarase sen público mediante unha retransmisión en directo (a través de streaming) para que veciños e veciñas poidan gozar do espectáculo dende as súas casas accedendo por internet na seguinte ligazón: https://youtube.be/LoMNnS_s8c

Esta actividade, patrocinada pola Xunta de Galicia, a través do “Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2020/2021″, está dirixida a público infantil e familiar e ten como obxectivo a transmisión de valores como a amizade, a conservación do planeta, a convivencia e o pensamento crítico a través das peripecias que lle ocorren a tres pingüíns.

Cartel do espectáculo.

ÚLTIMAS

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...