InicioCulturaA serie dixital "Adegas da Memoria" compite no Carballo Interplay

A serie dixital “Adegas da Memoria” compite no Carballo Interplay

A serie documental Adegas da Memoria, gravada en Vilachá de Salvadur, competirá na séptima edición de Carballo Interplay, o festival internacional de contidos dixitais que este ano terá lugar do 18 ao 21 de novembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Adegas da Memoria participará xunto a outros 30 títulos que representan unha “completa panorámica” acerca do estado das webseries a nivel mundial, segundo comunicaron dende a organización do festival.

Os episodios de Adegas da Memoria parten dos veciños e veciñas de Vilachá para indagar no pasado e presente da Ribeira Sacra cun ritmo pausado e unha estética coidada, todo acompañado pola voz poética de Olga Novo. A serie está dirixida por Xosé Gago e realizada por Iago Seoane e Rudá Cordaro de Nas Beiras.

A webserie englóbase nun proxecto homónimo promovido do Concello da Pobra do Brollón e a Asociación Veciñal de Vilachá. Como parte do proxecto, estase a realizar o primeiro gran estudo científico das orixes da Ribeira Sacra en colaboración coa Universidade Nova de Lisboa e o Incipit-CSIC. Neste 2020 o proxecto tamén conta con financiamento da Consellería de Cultura a través da Dirección Xeral do Patrimonio.

A primeira e segunda tempada de Adegas da Memoria xa están dispoñibles para ver de xeito gratuíto na web do proxecto (adegasdamemoria.com)

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...