Teatro para adultos este xoves no Multiusos de Monforte

Este xoves, 12 de novembro, ás 20:15 no Edificio Multiusos terá lugar a terceira cita co teatro para adultos coa posta en escena da obra A conquista da escola de Madhubai, da compañía Teatro do Atlántico.

Teatro do Atlántico

O ciclo de teatro do Concello de Monforte previsto para o último trimestre do ano 2020 continúa adiante, seguindo as medidas de seguridade e hixiene determinadas polas autoridades sanitarias ante a Covid-19.

O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes. Tendo en conta a recente normativa establecida polas autoridade sanitarias para este tipo de actuacións, o aforo máximo do Multiusos será de 30 persoas. Do mesmo xeito, a venta de entradas levarase a cabo 1 hora antes do inicio da obra, ata completar o aforo indicado, e a entrada do público ó Multiusos terá lugar media hora antes.

seguinte obra do ciclo de teatro para adultos, dentro da Rede de Teatros e Auditorios, será A compañeira de piso da compañía Contraproducións que terá lugar o xoves 26 de novembro no Edificio Multiusos ás 20:15 h.

Protocolo ante a Covid-19

Para o desenvolvemento deste ciclo de teatro que abranguerá de outubro a decembro do presente ano, o Concello de Monforte contará con medidas de seguridade e protección ante a Covid-19:

  • A capacidade do local dependerá da situación sanitaria no momento de cada actuación: nestes momentos o aforo máximo é de 30 persoas. 
  • A venda de entradas farase dende unha hora antes da actuación.
  • A entrada ó salón de actos realizarase dende trinta minutos antes do comezo da obra.
  • Será obrigatorio o uso de máscaras de protección e a utilización da solución hidroalcohólica para as mans.
  • Gardarase a distancia social de seguridade.
  • Non se tomará asento ata que o acomodador lle indique o seu sitio.  

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here