InicioCultura"Unha invasión silenciosa: a biodiversidade baixo ameaza", na casa da cultura de...

“Unha invasión silenciosa: a biodiversidade baixo ameaza”, na casa da cultura de Monforte

A exposición poderá ser visitada ata o día 25 de novembro, en horario de 10:00 a 13:00h e de 16:00 a 21:00 h de luns a venres excepto festivos, e todos os interesados en visitala deberán inscribirse previamente a través da web da UNED.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte acolle a exposición “Unha invasión silenciosa: a biodiversidade baixo ameaza”, organizada pola Aula Universitaria da UNED de Monforte de Lemos, coa colaboración do Concello monfortino.

Por motivos de seguridade ante a Covid-19 o aforo estará limitado á visita dun máximo de 5 persoas á vez; tendo que inscribirse previamente a través da web da UNED.

A exposición pretende divulgar a problemática social e ambiental que provocan as especies exóticas invasoras e enmárcase dentro do ciclo Uned Lugo Naturalmente. A mostra busca a reflexión visual sobre os perigos que acechan á biodiversidade a través de 13 paneis informativos nos que se analiza o fenómeno das especies invasoras, tanto animais como vexetais, e se ofrece un achegamento tanto ás causas como as súas solucións. 

ÚLTIMAS

‘Volta ao xogo’: o novo single dos chantadinos TIAM Gz

Tras dous anos sen sacar temas, neste 2024 a banda de Chantada TIAM Gz...

Curso de ‘alquimia herbal’ en Torbeo, Ribas de Sil

Os e as amantes das plantas, e do seu poder medicinal, teñen a vindeira...

Rebaixan a pena dun veciño de Monforte condenado por violación

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo rebaixou, en aplicación da lei do...

O IES Río Cabe no centro da cultura financieira

Durante a xornada contouse coa visita da directora xeral de Ordenación e Innovación educativa,...