InicioCulturaAvelino González presentará ‘Contar de Contrabando’ na Pobra do Brollón

Avelino González presentará ‘Contar de Contrabando’ na Pobra do Brollón

O actor Avelino González trae á Pobra do Brollón o seu espectáculo ‘Contar de contrabando’ este domingo 29 ás 19:00 no Local Multiusos de Salcedo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actividade enmárcase no Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21 da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e conta coa colaboración do Concello da Pobra do Brollón e da Asociación Veciñal de Salcedo.

No espectáculo o público deleitarase con contos “que veñen da tradición, algúns tan modernos que non parecen tradicionais”, explica o actor. Serán contos de todas partes, “pero con acento en Salcedo”  e que reivindican “os pequenos sucedidos e anécdotas locais que teñen moita máis transcendencia do que poida parecer”.

O evento desenvolverase con tódalas medidas de seguridade e hixiene. A entrada será de balde pero o aforo é limitado, polo que é necesario reservar. As reservas fanse por WhatsApp no teléfono 650 624 828, indicando nome e apelidos e DNI. 

ÚLTIMAS

‘Volta ao xogo’: o novo single dos chantadinos TIAM Gz

Tras dous anos sen sacar temas, neste 2024 a banda de Chantada TIAM Gz...

Curso de ‘alquimia herbal’ en Torbeo, Ribas de Sil

Os e as amantes das plantas, e do seu poder medicinal, teñen a vindeira...

Rebaixan a pena dun veciño de Monforte condenado por violación

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo rebaixou, en aplicación da lei do...

O IES Río Cabe no centro da cultura financieira

Durante a xornada contouse coa visita da directora xeral de Ordenación e Innovación educativa,...