Segunda xornada do festival FanCine de Lemos

Iván Patiño co cartel anunciador deste ano. Foto: Amanita Studio

O vernes 27, ás 13:00 horas, dará comezo a segunda xornada do festival de cine monfortino.

Así, dende a 1 da tarde ata as 6, estarán abertos os puntos de información e venta de material promocional do Rúa Cardenal.

De 17:00 a 21:00 os amantes do Clash Royale teñen unha cita na Rúa Roberto Baamonde, onde se celebrará un torneo no local de MásQFriki.

En paralelo a todas estas actividades, ás 18:30 h., a directora, guionista e productora, Olga Osorio impartirá unha charla informativa sobre o proceso creativo de Eisntein Rosen na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte. Ó seu remate, Jordi Pastor collerá o relevo impartindo unha clase maestra sobre a arte do story board.

Para rematar a xornada, ás 20:30 na Casa da Cultural proxectaranse 8 curtamentraxes presentadas ó festival e ás 22:00, nova xornada de cine ó aire libre no Parque dos Condes.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here