InicioCulturaTeatro, música e pintura este Nadal no Círculo Saviñao

Teatro, música e pintura este Nadal no Círculo Saviñao

O Círculo Saviñao organiza unha ampla programación cultural de cara este mes de decembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este sábado, 12 de decembro, a partir das 20.00 contarase co concerto de Red House con Jeff Espinoza e Francisco Simón. O día 13 ás 18.00 horas, o Círculo organiza unha  representación teatral que se desenvolverá no auditorio municipal. O grupo de teatro Viraventos porá en escena “Sucesos”.

Novamente no auditorio municipal contarase con representación teatral organizada polo Círculo Saviñao o domingo, 27 de decembro. Nesta ocasión Nova Escena Teatro presentará “As fillas de Eva”, unha obra para o público adulto.

A actividade cultural deste mes no Círculo Saviñao complétase coa exposición “Pequeniños” de Carmen Prado. A mostra inaugurarase o día 19 ás 8 da tarde e poderase visitar ata o 23 de xaneiro.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...