InicioCulturaFin de semana teatral en Sarria

Fin de semana teatral en Sarria

Os días 12 e 13 de decembro a Casa da Cultura acollerá dúas obras teatrais, o sábado para público adulto e o domingo para público familiar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O día 12 ás 20:00 h. a Casa de Cultura da vila de Sarria acollerá a obra de teatro “Hotel Desencanto“, a cargo da compañía Hipócrita Teatro e dirixida a un público adulto.

SINOPSE

O Hotel Desencanto non é o mellor lugar para vivir situacións idílicas. Sen embargo, os seus hóspedes semellan ignoralo. Todos, ou case todos, chegan ao Hotel co ánimo de gozar dunha estancia agradable. Lograrano? 

Respectaranse as medidas de prevención indicadas polas autoridades sanitarias e o aforo será limitado segundo corresponda. A organización desta representación teatral é posible grazas á Vicepresidencia da Deputación de Lugo e ao Concello de Sarria.

domingo día 13, e tamén na Casa da Cultura, representarase a obra “A maxia dos sentimentos” dirixida ao público infantil. Será ás 19:00 h. Aforo limitado e  cumprimento de medidas de prevención da Covid.

SINOPSE

Nun escenario no que se recrea un parque danse cita varios personaxes que representan os diferentes sentimentos que podemos ter as persoas. Esta obra trata sobra a importancia de manifestar os sentimentos nas relacións cos demais. 

A obra está organizada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo e Rebuldeira Teatro.

ÚLTIMAS

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...

Unha nova vida para Donelle, a aldea de Sober mercada pola cooperativa Ecooo

A Donelle, unha aldea deshabitada do Concello de Sober dende hai varias décadas, preséntaselle...

A Subida a Taboada inaugurará o Campionato Galego de Montaña os días 27 e 28 de abril

O vicepresidente da Deputación e deputado de Deportes, Efrén Castro, reuníuse este martes co...