InicioCultura"Poeta en Nova York" este xoves en Monforte

“Poeta en Nova York” este xoves en Monforte

O aforo máximo será de 30 persoas, debido a que a montaxe da propia obra así o determina. A entrada é gratuíta e o acceso ó salón de actos por parte do público realizarase media hora antes do comezo da obra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O ciclo de teatro do Concello de Monforte previsto para o último trimestre do ano 2020 continúa adiante, seguindo as medidas de seguridade e hixiene determinadas polas autoridades sanitarias ante o Covid-19 para a realización deste tipo de actividades. 

Deste xeito, dentro do ciclo “Seráns Teatrais” organizado pola Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Deputación de Lugo, este xoves 17 de decembro ás 20:15 no Edificio Multiusos terá lugar a posta en escena da obra Poeta en Nova York, da compañía Teatro baixo da area, obra dirixida por Paloma Lugilde e interpretada por Paloma Lugilde, Raquel Velasco e Miguel Torres.

seguinte obra de teatro que se representará en Monforte será Hotel Desencanto, da Compañía Hipócrita Teatro,  que terá lugar o sábado 19 de decembro, ás 20 horas, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro. Esta obra dentro enmárcase dentro do programa Circuíto Teatro Afeccionado-Ciclo Argalladas, que organiza o Concello en colaboración coa Deputación de Lugo- Vicepresidencia, e a entrada é gratuíta.

ÚLTIMAS

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...