InicioCulturaOs Reis Magos chegarán ao Saviñao por videochamada

Os Reis Magos chegarán ao Saviñao por videochamada

Os interesados deberá inscribirse antes do 29 de decembro, chamando ao número de teléfono da Casa Consistorial: 982452061.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os Reis Magos de Oriente chegarán este ano ao Saviñao por videochamada. Será entre os días 2 e 5 de xaneiro. Os rapaces poderán contarlle así a súa carta ás súas Maxestades de Oriente a través do washap. Para elo, os interesados deberá inscribirse antes do 29 de decembro, chamando ao número de teléfono da Casa Consistorial: 982452061.

A concelleira de Cultura, Beatriz Rois, anima aos pais e nais a anotarse nesta iniciativa para que “os nosos nenos e nenas gocen da maxia destas datas”. “Dende o Concello queremos que a nova normalidade que deixa o virus non afecte ao sentir dos máis pequenos que, sen lugar a dúbidas, son os protagonistas do Nadal”, afirma a edil.

A este respecto, Beatriz Rois amosa o seu convencemento de que “este modo de conectar con Melchor, Gaspar e Baltasar será especial e permitirá aos máis pequenos desfrutar da ilusión que supón este día para eles”.

ÚLTIMAS

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...