InicioCultura"Trasnadas de Queirugo", o xogo deste Nadal en Quiroga

“Trasnadas de Queirugo”, o xogo deste Nadal en Quiroga

O Concello de Quiroga pon en marcha este Nadal un xogo para realizar en familia baseado na búsqueda do tesouro pero contando cunha aplicación móbil. Baixo o nome de as “Trasnadas de Queirugo”, os participantes recorrerán unha ducia de lugares emblemáticos do municipio entre os días 18 de decembro e o 7 de xaneiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para xogar é preciso descargar a aplicación ACTIONBOUND e rexistrarse cos datos reais do participante. A aplicación está en inglés pero se se prefire en español pódese cambiar o idioma en axustes. Unha vez escaneado o código QR que aparece no mapa do folleto orixinal que se pode atopar no Facebook de Quiroga ou nos folletos dos que se dispón na oficina de turismo, xa se pode comezar a xogar e esta orixinal búsqueda do tesouro.

Os participantes deberán de achegarse ata as distintas localizacións que atoparán sinalizadas no mapa de Quiroga. As localizacións están divididas en tres bloques xeográficos distintos: Campoloda – Barxa de Lor, Torre Novaes – Montefurado e A Ribeira – Vieiros.

Poderase optar por visitar o lugar marcado, para o que non é preciso facer nada posto que a aplicación rexistra directamente a visita ou por contestar unha pregunta. Por cada lugar visitado ou pregunta acertada os visitantes recibirán unha puntuación de 100 puntos. Cada resposta incorrecta restará 10 puntos. O obxectivo é acadar unha puntuación de 1.000 puntos para optar a un agasallo. É importante non cancelar a aplicación mentres se estea xogando para non perder a puntuación acumulada, xa que as visitas aos distintos lugares pódense facer en distintos días.

Con este xogo de dinamización en familia, o Concello de Quiroga pretende que se visiten os lugares máis emblemáticos do municipio dun xeito diferente, segundo remarcou a concelleira de Educación e Infancia, Loli Sánchez. Á vez que servirá para difundir os valores naturais e culturais de Quiroga entre todos os participantes.

Para participar nesta actividade, pensada para realizarse en familia durante a época de Nadal, é importante recordar sempre as medidas marcadas nos protocolos Covid-19 en canto ao uso da máscaras e ao número de persoas en cada grupo participante (máximo 5 persoas).

ÚLTIMAS

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...