InicioCultura‘Música sin fronteras’ o día 23 en Sober

‘Música sin fronteras’ o día 23 en Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais traen este sábado á localidade o concerto do cuarteto de saxos Synthèse Quartet para presentar os seu traballo ‘Música sin fronteras’. A actuación será ás 19:00 horas no Centro Sociocultural de Sober con entrada libre.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O programa que presenta Synthèse Quartet, aposta pola difusión da variedade musical e brinda un percorrido por diferentes épocas e estilos nos que a música se concibe de maneira moi distinta. 

A primeira parada son os EEUU e o compositor D. Maslanka; a segunda será Rusia e a súa mestizaxe sonora, neste caso protagonizada por Glazunov. Por último, será a quenda de obra ‘Cidades’, unha obra de Guillermo Lago que pretende fusionar a sonoridade de tres cidades tan dispares como Addis Abeba, Saraievo e Córdoba.

Synthèse Quartet fórmase en outubro de 2017 no Conservatorio Superior de Castela e León. Os seus integrantes, inspirados pola idea de “síntese” como algo complexo que resulta de reunir distintos elementos que estaban dispersos ou separados, organizándoos e relacionándoos entre si, deciden outorgarlle ese nome á formación. O cuarteto creceu baixo as pautas de Anxo Soria,  Brenno  Ambrosini e Juan Clemente, ademais de recibir numerosas masterclass con profesores como  Marcus Weiss,  Marie- Bernadette  Charrier, Fukio  Ensemble, Antonio García Jorge,  Ramon Lazkano, Alejandro Bustamante, Alberto Rosado ou Alberto  Chaves. 

O cuarteto está formado por Javier Valero Aladrén, saxofón soprano; Ángela Romera Tutor, saxofón alto: Ismael Arroyo Blázquez, saxofón tenor e Raúl Flox Prado, saxofón barítono.

Foron galardoados co Primeiro Premio e Premio Especial do Público no X Concurso de Mocidades Musicais en Ávila na categoría superior, co Primeiro Premio no II Concurso Nacional de Música de Cámara de  Utrera “Abate Marchena”, co Premio Especial á mellor interpretación dunha obra española no XXII Certame de Mozos Interpretes “Pedro Bote”, co Primeiro Premio no XIII Concurso Nacional de Música de Cámara “Villa de  Cox” e co Primeiro Premio por dous anos consecutivos no III e IV Concurso de Música de Cámara do P.M.Salamanca. 

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...