InicioCulturaPremios do concello de Bóveda para o concurso de disfraces en liña

Premios do concello de Bóveda para o concurso de disfraces en liña

O Concello de Bóveda pecha o seu concurso de disfraces en liña desenvolto no Facebook do Concello. O Goberno local agradece a alta participación no concurso, non só no envío de fotografías, senón tamén no importate número de votos que se recibiron para elixir aos gañadores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os gañadores son aqueles que tiveron máis ‘gústame’ dos usuarios do Facebook en cada unha das categorías, quedando desertas aquelas nas que non houbo participación. Os premios consisten en vales económicos para gastar nos establecementos do municipio. O Concello de Bóveda porase en contacto cos gañadores e gañadoras para informalos da forma de canxear o premio.

Atendendo ás bases e á participación establécense dúas categorías, a de aqueles disfraces que participan polo Concello de Bóveda e os doutras localidades. No primeiro grupo, os gañadores foron: ‘Alma Arias’ (629 gústame), ‘El problema es que me he comido unas almendritas’ (Domus Vi Bóveda. 524 gústame), ‘Sara Frida Kahlo Calderón e o seu marido Humberto Rivera ‘ (361 gústame), ‘O vacinazo de Margaret Keenan ou a imaxe que fará historia’ (Domus Vi Bóveda. 286 gústame), ‘Daniela, Dylan e papis: familia unicornio’ (361 gústame), ‘A Desescarallada’ (322 gústame)

No segundo grupo, participantes doutros concellos, os gañadores foron:
‘Luca Manostijeras’ (O Saviñao 441 gústame), ‘Pirata’ (Monforte 32 gústame),
‘Fabricando as vacinas “Astra Zéneca de Hacendado” e “Pfizer na casa” (Lugo 140 gústame), ‘Gertrudis e Gervasio’ (Monforte 546 gústame),
‘Morte ao bicho’ (A Pobra do Brollón, 187 gústame).

Luca Manostijeras


ÚLTIMAS

Xornadas Pacegas sobre as Revoltas Irmandiñas, o 6 e 7 de maio no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a...

Prohibidas desde este luns as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso

A partir deste luns, 15 de abril, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas...

2 meses para as obras de mellora da contorna da Pinguela que se veñen de adxudicar

Este proxecto suporá a mellora do entorno que rodea as instalacións deportivas e os...

A Festa da Carne ao Caldeiro de Carballedo reparte 1.500 quilos de carne

A asociación de veciños O Bubaíño de Castro organiza esta cita na que se...