InicioCultura“Jewish Journeys. Los viajes del pueblo judío” na casa da cultura de...

“Jewish Journeys. Los viajes del pueblo judío” na casa da cultura de Monforte

Esta exposición está cedida pola Biblioteca Nacional de Israel á Rede de Xuderías de España, quen á súa vez lla cedeu ó Concello de Monforte. A mostra analiza e ilustra a través de 6 paneis informativos, traducidos ó español pola Rede e acompañados por 24 fotografías, as situacións nas que o pobo xudeu tivo que afrontar as diferentes casuísticas para emprender unha viaxe.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Jewish Journeys. Los viajes del pueblo judío” percorre as diferentes motivacións que o ser humano afronta á hora de realizar unha viaxe. Viaxar dun lugar a outro, física, espiritual ou emocionalmente, coloca ás persoas nun camiño de transición.

A exposición permanecerá aberta na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte ata o 5 de abril (só días laborables), en horario de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 21:00 horas, e para visitala haberá que respectar os aforos e recomendacións ante a Covid-19 establecidos polas autoridades sanitarias.

Fundada en Xerusalén en 1982, a Biblioteca Nacional de Israel (NLI) serve de biblioteca tanto ó Estado de Israel como a todos os xudeus do mundo, pois dispón dunha inmensa variedade de contidos en diferentes formatos que documentan a historia, cultura e legado da xente xudía durante séculos.

ÚLTIMAS

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...