InicioCulturaArtesanía, música e baile ao son da calor

Artesanía, música e baile ao son da calor

O concello de Monforte centra no mes de agosto grande parte da súa programación cultural e de lecer.

Publicado o

- Advertisement -

A 20 edición de Artelemos vai da man coas altas temperaturas. A mostra de artesanía que acaba de pasar o ecuador desta edición está vindo acompañada das temperaturas máis altas desde que comezou o verán. O horario desta cita é de 11.00 a 14.00 h. e de 18.00 a 23.00 h., a particular meteoroloxía destes días fai que a maior parte dos visitantes se concentren na primeira e última hora.

Este 7 de agosto Artelemos clausurarase e farao xa cun ambiente máis fresco e ceos anubrados. Na rúa Cardenal de Monforte danse cita este ano 27 artesáns, a metade deles da comarca de Lemos. Complementos de moda, marroquinaría, madeira e pizarra, coiro, olería de Gundivós, cerámica, obxectos de decoración, xoiaría, miniaturas, artesanía de vidro, xoguetes, cestaría e monicreques son algunhas das propostas.

A axenda para os días que quedan é a seguinte:

LUNS, 6 DE AGOSTO

  • 11.30 a 13.30. Obradoiro de pintura sobre relevo para nenos/as. Artesana: Mª Carmen Álvarez Blanco
  • 18.30 a 20.30. Obradoiro de pintura sobre relevo para nenos/as. Artesana Mª Carmen Álvarez Blanco

MARTES, 7 DE AGOSTO    

  • 11.30 a 13.30 Obradoiro de olería para nenos/as.  Artesana Otilia Arias García
  • 12.00 h. Demostración de olería de Gundivós. Artesán Tomás López González
  • 18.30 a 20.30. Obradoiro de olería para nenas/os.  Artesana Otilia Arias García
  • 22.00 h. Peche 20 Mostra Artelemos

Obradoiro de Verán de música e baile

A VI edición do obradoiro de Verán no Conservatorio municipal “Mestre Ibáñez” de Monforte celebrarase entre o 20 e o 24 de agosto en horario de mañá. A inscrición ten un custe de 25€ e débese de facer antes do 17 deste mes de agosto.

Os talleres contarán con tres temáticas básicas:

Música, con prácticas instrumentais de guitarra, violín, piano, saxofón, clarinete, frauta, trompa, trompeta, trombón, gaita, percusión moderna (batería) e percusión tradicional galega. O nivel será de iniciación, medio ou avanzado e para todas as idades.

Os talleres de música e baile diríxense a nenos/as de entre 5 e 9 anos. Entre outras habilidades os rapaces poderán iniciarse na educación rítmica e auditiva, na práctica instrumental e na danza moderna.

Pola súa banda, os talleres de danza organízanse do seguinte modo: danza tradicional galega e ballet clásico para maiores de 6 anos e danza moderna para maiores de 10 anos.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...