InicioCulturaComo seguir a exposición "Xela, aquela nena de Sarria"?

Como seguir a exposición “Xela, aquela nena de Sarria”?

A mostra percorrerá todos os centros educativos do Concello de Sarria e poderá seguirse tamén a través dunha web que creou o Colectivo Egeria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado 4 de marzo, día en que Xela Arias cumpriría 59 anos, comezaron en Sarria os actos de homenaxe con motivo das Letras Galegas 2021. A mellor forma de honrar a esta senlleira intelectual sarriá foi inaugurando a exposición “Xela, aquela nena de Sarria”, obra do colectivo Egeria.

A exposición itinerante comezou a súa andaina o pasado 9 de marzo no IES Xograr Afonso Gómez e percorrerá todos os centros educativos do Concello de Sarria, co que todos os estudantes poderán achegarse á vida e obra e sobre todo, a nenez, de Xela Arias.

O Concello de Sarria, ademais de agradecer publicamente a iniciativa ao colectivo Egeria, trasladou os agradecementos á Secretaría Xeral de Politíca Lingüística, á Real Academia Galega e moi especialmente á familia de Xela.

O Colectivo Egeria creou tamén unha web onde se pode seguir esta exposición: https://aquelanenadesarria.gal/gl/a-exposicion

Imaxe: Web Colectivo Egeria / Debuxo: Sabela Arias

DATAS E CENTROS ONDE SE PODE VER A EXPOSICIÓN

Días 9, 10, e 11 de marzo: IES Xograr Afonso Gòmez

Días 12 e 15 de marzo: CP Frai Luis de Granada

Días 12 e 15 de marzo: EEI de Sarria

Días 16, 17 e 18 de marzo: IES Gregorio Fernández

Días 22 e 23 de marzo: Colexio “Da Merce”

Día 24 de marzo: CP Antonio Fernández López

Días 25 e 26 de marzo: Nosa Señora da Asunción

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....