Xornadas de intercambio, confraternidade e romaría

Os campos de traballo da Pobra do Brollón e do concello de Pantón coñecerán os seus respectivos labores e os seus rexedores xantarán xuntos este venres na Romaría de San Lourenzo en Cereixa.

Campo de traballo no Castro de San Lourenzo. Foto: Concello da Pobra do Brollón

O campo de traballo arqueolóxico do Castro de San Lourenzo no concello da Pobra do Brollón visitará este mércores pola tarde o campo de traballo Rota do Románico de Pantón mentres que o venres 10 serán os rapaces de Pantón os que pasen o día no Castro de San Lourenzo.

A visita coincidirá coa Romaría de San Lourenzo, celebración que cada ano dá máis protagonismo ás potencialidades do Castro e que nesta ocasión contará con dous días de actividades.

O alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, quixo aproveitar este intercambio entre os campos de traballo para convidar a xantar ao alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, que aceptou a invitación.  A iniciativa do intercambio foi promovida polos propios campos de traballo para afondar na transferencia de coñecementos de carácter cultural e na promoción dos territorios e das súas potencialidades.

A Romaría de San Lourenzo, que ten como eixo principal a divulgación arqueolóxica e a valorización do patrimonio,  ten un carácter festivo complementario con diferentes actividades para todos os públicos. A maioría delas desenvolveranse no lugar de Cereixa pero algunhas do sábado 11 realizaranse na Área recreativa de Samugueiros na Pobra do Brollón. O programa completo é o seguinte:

Venres 10 

11.00 Misa

11.30 Procesión

13.00 Vermú arqueolóxico

Xantar

16.00 Obradoiros arquelóxicos

18.00 Obradoiro de baile tradicional (Rebeca Tallón Armada e Roberto Rodríguez Páramo)

19.00 O Garabelo

20.30 Cea popular

22.00 Concerto de blues no Castro

23.00 Observación das bágoas de San Lourenzo

00.00 Verbena

Sábado 11

11.00 Recreación de Campamento romano a cargo da Asociación Pax Romana do Arde Lucus. Obradoiros e exhibicións

Andaina á feira da Pobra do Brollón polo Camiño de Inverno

17.30 Espectáculo “Mar adiante! Filipa cos contos” (Monicreques con Hermanager Producións e Fran Campos, Cia Bandullo Azul) na Área recreativa de Samugueiros

18.30 Concerto Ukestra do Medio tamén en Samugueiros.

Cartel da Romaría de San Lourenzo 2018

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here