Consonancias na Calexa, a exposición pictórica táctil creada polo Equipo Esparrela

Beatriz Pérez e Arturo Cidre na presentación da súa exposición/G.S.

A galería Sargadelos de Monforte acolle ata o vindeiro día 3 de setembro a exposición de pintura Consonancia na Calexa elaborada polo Equipo Esparrela. Unha mostra pictórica onde Arturo Ceide e Beatriz Pérez investiron preto dunha década ata que a expuxeron.

Todo xurdiu cando grupo de persoas cas mesmas inquedanzas artísticas xuntáronse ca finalidade de plasmar esa curiosidade en lenzos. Deste xeito e no ano 2000, logo de moitas similitudes e inquedanzas, Beatriz e Arturo decidiron que era hora de que nacera Equipo Esparrela. Unha formación artística cun punto de vista artístico moi semellante. Falamos con Beatriz Pérez que nos explica polo miúdo que é Consonancia na Calexa.

Obras de Consonancias na Calexa/G.S.

Por que o nome de Equipo Esparrela?

Porque loxicamente somos 2 e somos un equipo e esparrela porque queríamos rememorar elementos que se usaban no pasado no Val de Lemos. As esparrelas son os apapellos que se usaban para cazar as papuxas. Uns paxaros cos que se facían empanadas na zona e que tiñan moi sona.

Cal é o voso obxectivo?

Crear cousas que gusten a través de trazos. Pintar cousas fermosas que teñan relación co século XXI pero sen esquecer o pasado. A todos nos gustan as cousas agradábeis á vista, e nós, o que pretendemos é agradar ó público co noso traballo. Enlazamos o rural co urbano a través de cada trazo que debuxamos. Porque como todo sabemos, ó igual que debuxamos cousas bonitas tamén podemos debuxar cousas feas. É a maxia da pintura. Poder transmitir sen necesidade de falar.

Obra de Consonancia na Calexa/G.S.

Como xorde Consonancias na Calexa?

A través dun proxecto de investigación que realizou xente allea a nós onde xorde a inquietude xeométrica detrás dos grandes mestras clásicos. Este estudo chegou ó noso coñecemento e gustounos moito.

Para que unha obra guste, ten que ter unha xeometría. Detrás de cada obra, hai uns trazos xeométricos que nunca se aprecian. Así, detrás dun cadro dunha muller, por exemplo, hai uns trazos xeométricos previos que son nos que se baseará a obra. Deste xeito, a figura pintada será proporcional, simétrica e estará encadrada. Tal como fixo León Alberti que é un arquitecto prerenacentista que levou as consonancias musicais ás técnicas arquitectónicas que usaban os mestres da época.

O que pretendemos cos cadros que conforman a exposición é que a xeometría saíra hacia o exterior.

Queres dicir cos vosos cadros pódense tocar?

Os materiais que usamos son emulsións clásicas e vernices clásicos. Deste xeito as nosas creacións pódense tocar sen ningún problema. Pasado o tempo e cando os materiais se deterioran polo roce, pódense arranxar sen ningún problema. Deste xeito, á hora de ver unha exposición tamén podes usar o sentido do tacto para gozar máis do que diante.

Canto tempo vos levou crear esta obra?

Case unha década. Foi un traballo moi minucioso porque como dixen, baseámonos nun traballo de investigación previo.

Ambos sabíamos a idea que tíñamos pero aínda así, hai que acordar unha liña común e investigar unha forma de crear ata que finalmente te pos a traballar.

Que vinculación tedes co mundo da arte?

Eu sempre quixen estudar Belas Artes. Tras licenciarme, volvín para Monforte onde levo 20 anos sendo docente nos centros Torres de Lemos e Padres Escolapios.

No caso de Arturo, a súa familia sempre estivo vinculada á arte aínda ca súa profesión sempre foi outra. Sen embargo, é un autodidacta que leva toda a súa vida pintando.

Que proxectos tedes en mente para o futuro?

Estamos traballando sobre negativos fotográficos revelados e pasados ó papel. Sempre usamos técnicas de rigor no noso estudo.

Aínda que na actualidade existen multitude de novas tecnoloxías no tocante á fotografía, nós estamos traballando dende unha perspectiva clásica pois o acabo das instantáneas do pasado ten unha beleza nada comparable ca da actualidade. Concretamente estamos traballando con fotografía artística, porque como no resto dos nosos traballos, queremos amosarlle ó público as cousas fermosas.

 

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here