Acto cultural para poñer en valor o románico

A Asociación de Amigos do Románico da Comarca de Chantada organiza este sábado 11 de agosto unha xornada con varias actividades na Igrexa de Santa María de Pesqueiras.

Intervención do grupo Trícole o pasado ano. Foto: Concello de Chantada

A igrexa románica de Santa María de Pesqueiras, no Concello de Chantada, será protagonista un ano máis por estas datas dun interesante acto cultural para poñer en valor o patrimonio románico da zona.

O evento empeza ás 17:00 h. con pintura ao aire libre da man de Beatriz Palomero e Lola López e ás 18.00 h. oficiarase unha misa co acompañamento do grupo musical O Trícole.

A continuación terá lugar un recital poético e como remate outra actuación musical a cargo do dúo artístico monfortino composto por Yoan Grudikov ao violín e Antoneta Grudeva ao piano.

A organización avisa aos interesados en acudir ao acto que, agás autorización expresa, non se permitirá acceder en vehículo ata a igrexa.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here