‘Pangalaica’, escolma de artigos de Xurxo Souto, preséntase en Sarria

O activista cultural coruñés, un dos máximos expoñentes do Rock Bravú e gran divulgador da nosa música e da nosa lingua, presenta a súa nova obra na Casa da Cultura.

Xurxo Souto na presentación de Pangalaica no Ateneo Casino de Monforte. Foto: A.C.

Xurxo Souto destaca por moitas cousas, pero as máis relevantes a nivel público son as súas facetas de músico e de escritor, sendo un gran divulgador da cultura e da lingua do noso país.

No seu haber vital e currículo laboral consta tamén que traballou na radio e na televisión de Galicia onde foi, foi por exemplo, guionista do Luar e protagonizou outros programas da canle autonómica.

Neste momento, ademais de percorrer Galicia contando as súas anécdotas e contos, é profesor de Latín, Grego e Cultura Clásica no IES Gregorio Fernández de Sarria.

Este sábado 29, na casa da Cultura de Sarria, ás 12:30, presenta o seu libro Pangalaica.

A OBRA

Trátase dun libro que recolle os artigos que escribiu para Nós Diario no pasado ano 2020 durante o confinamento e meses posteriores.

O acto de presentación está organizado pola Biblioteca Fiz Vergara Vilariño, do IES Gregorio Fernández, en colaboración coa Galería Sargadelos, Editorial Galaxia e Concello de Sarria.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here