Exposición sobre Xela Arias en Quiroga

Do 21 ao 25 de xuño na Sala de Exposicións da Casa da Cultura.

Imaxe da exposición / Colectivo Egeria

A  sala de exposicións do Concello de Quiroga acollerá  “Aquela nena de Sarria, Xela Arias”, unha exposición itinerante que se abrirá ao público o vindeiro luns 21 de xuño ás 12:30 h. e que se poderá ver ata o 25 deste mesmo mes.

Organizada polo Colectivo Egeria, co patrocinio da Xunta de Galicia a través do programa o Teu Xacobeo, está composta por unha ducia de paneis ilustrados con fotografías persoais e debuxos que relatan a vida e a obra da poetisa á que se lle dedicou este ano o Día as Letras Galegas.

A exposición inclúe fotografías facilitadas pola familia de Xela e unha serie de debuxos da pintora lucense Sabela Arias.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here