‘A barca dos contos’ con Anxo Moure

Trátase dunha actividade do Festival Internacional Atlántica e terá lugar os días 3 e 4 de xullo no embarcadoiro do Saviñao, O Saviñao-Chantada.

Batuxo. Foto: Anxo Moure

O Festival Internacional Atlántica, considerado coma un dos mellores festivais de narración oral da península, chega ás Terras de Lemos.

Os días 3 e 4 de xullo, o embarcadoiro do Saviñao –O Saviñao-Chantada– será o lugar de partida para aqueles e aquelas que queiran gozar dunha experiencia de narración oral diferente. O narrador chantadino Anxo Moure contará historias dende dúas barquiñas tradicionais do Miño, un batuxo e unha barca da pousa, embarcacións que se empregaban para cruzar xentes dende terra de rabudos a papeiros, desde O Saviñao a Chantada.

En palabras de Moure, “os remos farán de percusión para que o barqueiro cante e conte historias de xacias, homes peixe, troitas, anguías e bicis de salgueiro nas augas doces”.

Os paseos narrados realizaranse en grupos reducidos de 2 persoas ou 2 adultos e 2 nenos. Durarán 15 minutos, faranse con chalecos salvavidas e seguindo as medidas anticovid correspondentes. Actividade de balde.

Horarios:  Sabado 3 e domingo 4 de xullo de 12 a 14 e de 18 a 21 horas. Para reservas contactar no teléfono 648 075 831.

Cartel

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here