InicioCultura‘Ler conta Moito’ na Biblioteca do Saviñao

‘Ler conta Moito’ na Biblioteca do Saviñao

O ciclo de actividades para o fomento da lectura comezará o vindeiro día 2 coa presenza da ilustradora e narradora Estefanía Padullés.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este venres 2 de xullo, a Biblioteca Municipal do Saviñao comeza o ciclo de actividades do Programa ‘Ler conta moito’ deste ano, ciclo cofinanciado entre o Concello do Saviñao e a Consellería de Cultura.

A actividade que chega ao Saviñao será As superheroínas do noso pobo” e desenvolverase na biblioteca municipal ás 11:00 h. da mañá coa narradora e ilustradora Estefanía Padullés. A autora, con numerosas obras infantís  publicadas, vive no concello veciño de Paradela e xa ten visitado noutras ocasións a biblioteca.

A actividade que presenta Padullés é un obradoiro de ilustración que versará sobre mulleres esquecidas en diferentes campos, aprendendo a debuxalas nunha ilustración que as represente. Para rematar a actividade, cada participante fará un cartel dunha muller do seu entorno, para darlle visibilidade e convertela na “superheroína” dunha ilustración que amose os seus “superpoderes”.

Estefanía Padullés. Foto cedida pola ilustradora.

Aplicaranse as medidas Covid establecidas para actividades culturais, polo que as prazas serán limitadas e deberán reservarse previamente na biblioteca ou no teléfono 982 45 23 24.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...