InicioCultura'NarraSarria', domingos de contos na vila de Sarria

‘NarraSarria’, domingos de contos na vila de Sarria

Trátase do primeiro Festival de Narración Oral e Contacontos que se organiza na vila. Unha actividade que levará oito espectáculos a diferentes espazos públicos ao aire libre durante os domingos de xullo e o primeiro de agosto. O festival está impulsado pola compañía Feira do Leste e financiado polo Concello de Sarria.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Son momentos difíciles para o Concello de Sarria pola incidencia da Covid-19, pero iso non frea, polo momento, a programación cultural que impulsan dende a Concellería de Cultura. Confían no comportamento responsable da veciñanza e nas medidas sanitarias anti-covid que se aplican nos eventos.

O Malecón, a igrexa de Santa Mariña e a Praza da Vila serán os espazos onde os nenos e adultos poderán desfrutar de historias e contos da man de profesionais de recoñecido prestixio da narración oral galega como, por exemplo, Santi Prego, Ernesto Is, Lorena Pinheiro ou Cris de Caldas.

A apertura de programación será este domingo 11 de xullo da man do actor Santi Prego, nomeado ao Goya no 2020 como mellor actor revelación polo seu papel en Mientras dure la guerra de Alejandro Amenábar. Prego levará ao Malecón a súa peza O teatro máis pequeno do mundo, será ás 12.30 horas. Ese mesmo día, ás 20.00 horas, No e Is contarán historias de humor e picardía no seu espectáculo “Dous falabaratos e un destino” onde a Igrexa de Santa Mariña.

O domingo 18 de xullo, Ernesto Is entreterá aos máis pequenos coa contada titulada “Historias fascinantes de nenos e nenas delirantes“. Será no Malecón ás 12.30 horas. Lorena Pinheiro traerá historias, contos e faladurías acompañada da súa pandeireta en “Seica (Historias contadas de vergoñas, silencios e rebeldías)“, unha peza para mozos e adultos. A cita é na Praza da Vila ás 20.00 horas.

Para o domingo 25 de xullo, ás 12.30 horas no Malecón, está programado o espectáculo “O agasallo das árbores“, de Cris de Caldas e Xabi do Camiño. Trátase dunha sesión de contos familiar con música en directo que ten como fío condutor o conto dos tres porquiños e a concienciación medioambiental. Este mesmo día, ás 20.00 horas, estará de novo Cris de Caldas, esta vez en solitario coa súa proposta narrativa familiar na que se trata a igualdade, “Contos en lila“. O contacontos será onde a Iglexa de Santa Mariña.

E xa como remate a este ciclo, o domingo 1 de agosto, Nerea Brey contará para os máis pequenos ás 12.30 horas no Malecón. “Lúa e o tesouro do hórreo” é o título do seu espectáculo narrativo que recolle as lendas galegas da man dunha rapaza moi bulideira que está na busca dun tesouro. Pechará o festival Iván Davila cos seus “Contos na lareira“, unha proposta para cativos de máis de 3 anos. Será na Praza da Vila ás 20.00 h.

Cartel completo de actuacións

Todas as actividades son de balde e controlarase o aforo. Así mesmo, cumpriranse cos protocolos COVID garantindo a distancia de seguridade entre o público e os contadores.

ÚLTIMAS

O BNG pon en marcha, “Arranxo XA das nosas estradas”, campaña para mellorar as infraestruturas viarias na provincia

O Bloque Nacionalista Galego de Lugo inicia unha nova campaña para reclamar o arranxo...

8ª Andaina polo Corazón de Galicia, o 21 de abril en Chantada

O domingo, 21 de abril, celébrase a 8ª Andaina polo Corazón de Galicia, que...

Que acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

Na última xuntanza dos concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia...

Xornadas Pacegas sobre as Revoltas Irmandiñas, o 6 e 7 de maio no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a...