InicioCulturaVerán cultural en Sober con medidas anticovid

Verán cultural en Sober con medidas anticovid

O Concello de Sober fai pública a súa programación cultural para este verán, un amplo programa de actividades que seguirán de xeito estrito a normativa sanitaria anticovid en vigor.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Concertos, actuacións, a Feira Mostra do Viño de Amandi ou as Festas do Carme forman parte desa completa programación deseñada polo Goberno local que se estende entre o 30 de xullo e o 19 de setembro.

O calendario comeza o 30 de xullo na Praza do Toural co concerto de Galifunk (22:00 horas). O 6 de agosto concerto de Xoán Curiel na Praza do Pulpo (22:00 horas). O día 7 de agosto a Oficina de Turismo acollerá o acto de presentación do material arqueolóxico da escavación de Proendos (12:00 horas). Tamén nesa xornada haberá un espectáculo de monicreques nas piscinas municipais, no marco do programa Falaredes, da Secretaría Xeral de Política Lingüística (19:00 horas).

Os días 11 e 12 de agosto celebrarase a Feira Mostra do Viño Amandi, entre as actuacións confirmadas, a da Banda de Música de Sober e a de Xograres de Lemos. O 18 de agosto haberá un concerto dos Gin Toni’s na Praza do Toural (22:00 horas) e o día 29 celebrarase a Noita á Luz da Lúa na Parroquia de Proendos, organizada polo Colado do Vento, que este ano contará coa actuación de Xabier Vizcaíno e Hérbedo.

O 21 de agosto actuará a Banda de Música de Muimenta na Praza do Toural (20:00 horas). A mesma praza acollerá o 28 de agosto o Baile á Luz da Lúa coa Banda de Música de Sober (22:00 horas). O 17 de setembro, o grupo Luar na Lubre ofrecerá un concerto na Praza do Concello (22:30 horas). O 18 e 19 de setembro celebraranse as Festas do Carme nas que haberá actividades principalmente para o público familiar e unha actuación da orquestra Los Satélites.

O Concello de Sober habilitará cadeiras para poder seguir as actuacións sentados e as zonas estarán delimitadas e haberá control de aforo garantindo que se cumpran as distancias de seguridade e todas as medidas sanitarias en vigor.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...