IniciosociedadeA verba viva, percorrido pola Ribeira Sacra

A verba viva, percorrido pola Ribeira Sacra

"A verba viva. Ribeira Sacra. Paisaxe cultural e patrimonio lingüístico" busca promocionar a Ribeira Sacra e afondar no seu patrimonio lingüístico co obxectivo de recoller, recuperar e divulgar a lingua e os termos propios do xeito de vida da ribeira: artesáns e artesás, viticultores/as con herdanza familiar e amantes do río e da terra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Galicia incide no valor paisaxístico, cultural e lingüístico da Ribeira Sacra por medio do documental audiovisual A verba viva, que vén de presentar o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, cos realizadores da peza, Lorena Gallardo e Humberto Novoa, e a produtora, Chantada Comunicación.

“A Ribeira Sacra é un dos nichos naturais, paisaxísticos, monumentais, turísticos e lingüísticos de Galicia e precisamente niso quere incidir este documental audiovisual que percorre os seus espazos máis emblemáticos incidindo especialmente nos seus valores culturais e lingüísticos”, destacou o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, quen sinalou que a peza completa estará “dispoñible proximamente en aberto para consumo e divulgación de toda a cidadanía desde o Portal da Lingua Galega”.

A verba, percorrido poderoso pola ribeira

A verba viva. Ribeira Sacra. Paisaxe cultural e patrimonio lingüístico é un percorrido pola Ribeira Sacra desde o seu núcleo. Unha viaxe audiovisual a unha paisaxe cultural única que só poden ser entendidas desde as claves que rexen o patrimonio humano e os seus e as súas protagonistas: os ribeiraos e as ribeirás, que achegan o público espectador de primeira man á verdadeira identidade do territorio. A propia conversa coa veciñanza fai emerxer dos ríos Sil e Miño a lingua e a fala propias dun xeito natural: unha boa parte das verbas singulares que definiron e definen a vida en forte pendente, o patrimonio, a paisaxe, a viticultura e as tradicións. 

O documental, de algo máis dunha hora de duración estará proximamente dispoñible, en aberto, desde o Portal da Lingua Galega. O traballo gravouse no inverno do 2021 coas colaboracións e participacións, entroutros, do filólogo e profesor Anxo González Guerra; do divulgador e contacontos ambientalista Anxo Moure; dos artesáns Elías de Gundivós, Fernando Ibarra, Manuel Gómez (Manolete); do viticultor Primitivo Lareu; de Sonia Faria, guía do Ecomuseo do Pazo de Arxeriz (O Saviñao), ou de Ana Cortiñas, veciña da ribeira. Conta tamén coa colaboración musical de Searas, en directo, e do grupo Gancho Sanches nos créditos.

ÚLTIMAS

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...

Unha nova vida para Donelle, a aldea de Sober mercada pola cooperativa Ecooo

A Donelle, unha aldea deshabitada do Concello de Sober dende hai varias décadas, preséntaselle...