InicioCulturaGala da Maxia no multiusos de Monforte este luns 9

Gala da Maxia no multiusos de Monforte este luns 9

O Concello de Monforte de Lemos, xunto co AGADIC da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e dentro da programación de Cultura no Camiño -2021 /Xacobeo 21-22, celebrará un Festival de Maxia para todos os públicos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O festival celebrarase este luns 9 de agosto a partir das 20:15 horas no Edificio Multiusos de Monforte, e cun aforo reducido debido ó estado actual de pandemia no que nos atopamos.

A Gala de Maxia está encabezada polo Mago Rafa, e xunto a el actuarán diferentes magos que sorprenderán ó público coa súa arte. En concreto os magos que actuarán serán, ademais do Mago Rafa, Dani Polo, Mago Iago e Roberto Lolo.

entrada é gratuíta para todos os públicos, ata completar a capacidade do edificio seguindo a normativa sanitaria no momento da actuación, e poderán ser retiradas no Multiusos dende as 19:00 horas. A entrada ó salón de actos realizarase ás 19:50 horas.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....