InicioCultura"Rara Avis" este venres en Liñares, na Pobra do Brollón

“Rara Avis” este venres en Liñares, na Pobra do Brollón

O circuíto de teatro profesional Aparte da Vicepresidencia da Deputación de Lugo fai parada este venres, 13 de agosto, en Liñares, na Pobra do Brollón. A compañía Lìlâ Teatro pon en escena “Rara avis”, unha montaxe para todos os públicos que “fai honra a todas as criaturas excepcionais que buscan o seu lugar no mundo”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Lîlâ Teatro a compañía lucense, formada por Lines Lakers e Lara Manzano,   aborda todos os eidos da produción teatral. Dramaturxia, escenografía, vestiario, iluminación, son, grafismo e interpretación corren da conta destas creadoras multidisciplinares, que iniciaron o seu periplo como Lìlà Teatro en 2013.

En “Rara Avis”, Lines Lakers interpreta a Paloma, un ser cun “halo diferente” que a través da empatía, a coraze, a perseveranza e o sentido do humor logra reconciliarse co seu pasado, desfrutar do presente e propoñerse un futuro esperanzador. Ao final, pousa no público a idea de que “nunca é tarde para un novo comezo”.

A representación será ás 20.30 horas en Liñares, coa colaboración da asociación de veciños da parroquia.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...