No acto de presentación participarán diferentes integrantes da Asociación
Amigos do Folión e estará ambientado con música tradicional en vivo.
O libro, financiado integramente pola Asociación Amigos do Folión, narra a través de imaxes e textos a importancia que ten para Chantada o Folión de Carros.
O libro que pretende visibilizar o traballo que fan carroceiros e carroceiras para a supervivencia da festa, recoñecendo o seu esforzo e dedicación para que cada ano continuemos a gozar da noite do Folión.
O libro estará á venda en Chantada a partir desta semana na Librería Central, Librería Mago e no Besbello.