InicioCulturaPunkdemia, o día 3 de setembro en Seoane do Courel

Punkdemia, o día 3 de setembro en Seoane do Courel

O programa estival para público infantil promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo chega este venres a Seoane do Courel, co espectáculo Punkdemia, de Peter Punk Pallaso.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Isaac Rodríguez Miranda, Peter Punk, presentará o venres, 3 de setembro, ás 19.00 horas no Campo da Feira de Seoane do Courel este espectáculo infantil e familiar cunha visión particular sobre os novos tempos aos que nos temos que adaptar, nunha proposta que conxuga elementos de circo, malabares, humor e clown.

A través de catro fases asistiremos ao seu modo de ver a pandemia, a nova normalidade e mesmo as vacinas, co propósito de facer unha desescalada segura que derribe todos os muros que nos fomos topando polo camiño.

A actuación, coa que colaboran a Asociación Cultural San Xoán de Seoane do Courele e o Concello de Folgoso do Courel, forma parte da programación “Verán Infantil”, que inclúe distintas propostas escénicas e musicais para a cativada.  Ademais de Punkdemia, forman parte do ciclo os espectáculos Extra! de Paco Nogueiras, Rockeando con Ramona Órbita de Paco Cerdeira “Pakolas”,  A Gramola Gominola, os concertos do grupo Cozorellos Salvaxes e os pasarrúas de Guateque Roll. En total, programáronse 18 actuacións, en colaboración con distintas asociacións culturais.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...