Eve Cornelious Quartet este domingo no Multiusos de Monforte

A entrada é gratuíta ata completar a capacidade do local seguindo a normativa sanitaria no momento da actuación. A entrada ó salón de actos realizarase ás 19:15 h e a entrega das invitacións será dende as 18:30 h.

Auditorio Multiusos Monforte / Concello de Monforte

O Concello de Monforte de Lemos segue a programar actividades culturais no mes de outubro, e nesta ocasión, este domingo, 24 de outubro, ás 19:30 h. no Edificio Multiusos terá lugar un concerto de jazz a cargo do grupo Eve Cornelious Quartet. 

O grupo Eve Cornelious Quartet está formado pola prestixiosa cantante nada en New Jersey Eve Cornelious xunto ó gran organista neoiorquino Brian Charette, o guitarrista lucense Telmo Fernández e o baterista estaudounidense Jason Brawn.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here