InicioCulturaFinde teatral en Sarria, Bóveda e Pantón

Finde teatral en Sarria, Bóveda e Pantón

Estes dous concellos do sur de Lugo acollen esta fin de semana representacións a través do Circuíto de Teatro Afeccionado. A actuación de Sarria será o domingo 14 e a de Bóveda o sábado 13.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación de Lugo programa varias funcións para esta fin de semana.

O Grupo de Teatro da Biblioteca Municipal de Antas de Ulla, ‘Metátese Teatro‘, representa a obra “Historias pequenas de xente que non lle importa a ninguén” na escola de Louseiro, no  Concello de Sarria, o vindeiro domingo 14 de novembro ás 19:00 h.

A obra teatral é o resultado da suma de varias escenas independentes interpretadas por dous actores ou actrices. Trátase de personaxes que están tristes, ou que teñen medo, ou que piden axuda porque viven algún momento de dificultade: unha mendiga que reclama, unha moza que pide traballo, un neno que atopa unha estrela, unha moza con ollo de cristal, unha moza que come o presente de orquídeas que lle regalan, un barbeiro que axuda a desaparecer, un domador que perde o seu león, un robot que non entende aos humanos e un asasino asasinado.

Historias que acaparan a atención dos asistentes nunha trama destinada a público adulto, que amosa situacións vitais e encrucilladas para ir resolvendo problemas nunha sociedade que ás veces vai demasiado rápido.

A Asociación Cultural Os Gorriós colabora coa área de Cultura da Vicepresidencia na organización desta representación.

PROPOSTA TEATRAL PARA BÓVEDA E PANTÓN

O sábado 13 de novembro, en colaboración co Concello de Bóveda, representarase a obra “Por un puñado de grelos”, de ‘Os Trocos’, no Salón de actos do Centro sociocultural ás 18:30h.

O grupo de teatro de Castro de Rei desenvolve cun elenco de 14 actores e actrices esta obra que transcorre na mesma Terra Chá. Unha proposta para todos os públicos moi afincada na xeografía e costumes do lugar, transmitindo o respecto polos territorios e a natureza a través do seu fío argumental.

Marcan como límite o río Torto por unha beira e Xustás Town pola outra. Neste último lugar, concretamente en A Escrita, por onde pasa o río Azúmara, e que está controlado polo pobo dos Valuros, coméntase que está aparecendo ouro. A escrita é a única paraxe natural onde se dá a planta sagrada Os Grelos, e un pobo como os Valuros, respectuoso coa natureza e os seus ancestros, non consentirá unha nova invasión por parte do pobo branco.

E o 14 de novembro a casa da cultura de Pantón acolle a partir das 18.00 unha representación para público familiar. O Grupo Titiriterra pon en escea “Belarmina, a fabulosa velutina”.

ÚLTIMAS

A Libraría Pelayo de Monforte presenta 3 libros este 23 de abril

A Libraría Pelayo de Monforte acolle este martes, 23 de abril, a presentación de...

A escritora quiroguesa Celia Díaz estará na ‘Diada de San Jordi’

Celia Díaz chega a Barcelona para vivir a experiencia de dar a coñecer as...

Completa fin de semana do Quixós en Portugal

O sábado 20 de abril competían en augas portuguesas, na II Copa Promoción Slalom,...

“A nai que me pariu!” campaña do CCU de Sarria polo Día da Nai

¡A nai que me pariu! é o nome da campaña do Centro Comercial Urbano de...