InicioCulturaA infancia do Courel e do Incio conciencia sobre violencia de xénero...

A infancia do Courel e do Incio conciencia sobre violencia de xénero cun vídeo musical

Nenos e nenas do Incio e do Courel lanzan un vídeo musical con motivo do 25N co que concienciar sobre a violencia de xénero e a igualdade desde o rural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello do Incio e o Concello de Folgoso do Courel participan conxuntamente nun proxecto financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta co que pretenden traballar na erradicación da violencia de xénero e na súa prevención desde a infancia. Ademais diso, pretenden que o traballo sirva tamén para vincular a igualdade co mundo rural e que sirva de exemplo para outros colexios e colectivos.

O videoclip presentouse nos dous colexios e está a ser difundido a través das redes sociais para alcanzar a maior repercusión posible. Trátase, en palabras dos rexedores, de enxalzar o rural e amosar todo o que ofrece, non só na defensa da igualdade, senón tamén a nivel turístico, cunhas imaxes espectaculares de ambos os municipios.

Da mesma raíz’

Durante a xornada os nenos e nenas participaron en diferentes xogos e actividades que teñen que ver coa igualdade e co rural para finalmente formar parte da gravación dunha canción e a filmación dun vídeo que leva por título ‘Da mesma raíz’. O nome ten que ver co feito de que todos proceden da mesma orixe (lugar e social) e como tal deben ser tratados por igual.

Vilasouto / Concello do Incio

A canción, inédita, foi composta polo veciño do Incio, Xabier Vizcaíno, e na súa gravación participaron tamén a súa irmán Lucía Pérez e o mestre Jesús Somoza.

O proxecto foi filmado entre o Incio e O Courel por Salitre audiovisuais e nel destacan tamén as paisaxes dos dous Concellos mesturando a terra coa base do proxecto; a igualdade, a diversidade e o respecto cara a todas as persoas. Trátase de “visualizar para visibilizar”, sexa o rural, a igualdade ou a diversidade, explican.

ÚLTIMAS

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...