“Os nosos castelos da Ribeira Sacra: Monforte de Lemos” a exposición na casa da cultura

A Casa da Cultura de Monforte acolle a exposición “Os nosos castelos da Ribeira Sacra: Monforte de Lemos” organizada polo Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, en colaboración co Concello.

Exposición castelos / Concello de Monforte

A exposición está composta por 6 paneis informativos arredor da Torre da Homenaxe de San Vicente, de biografías de personaxes relacionados cos señores da Casa de Lemos, imaxes proporcionadas polo Concello e e debuxos levados a cabo por alumnos dos centros educativos de Monforte. Ademais, conta cun vídeo explicativo sobre a Torre monfortin. Esta exposición poderá ser visitada ata o 10 de decembro.

Tras a inauguración, tivo lugar unha conferencia a cargo de Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, director deste Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, que forma parte do Consejo Superior de Investigaciones Científicas.

Entregáronse tamén os premios do 1º concurso de debuxoDebuxando os nosos castelos da Ribeira Sacra: Monforte de Lemos” no que participaron alumnos de primaria e ESO dos centros educativos de Monforte.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here