InicioCulturaCitas co teatro da Vicepresidencia da Deputación en Sarria e Láncara

Citas co teatro da Vicepresidencia da Deputación en Sarria e Láncara

En Láncara a cita será o sábado, 18 de decembro, a partir das 19:00 no espazo multifuncional do campo da feira e en Sarria será o domingo, 19 de decembro, a partir das 19:00 na Casa da Cultura.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En Láncara, este sábado 18 de decembro, o grupo de Teatro Os Palimoquiños, de Lugo, representa “Borralliña”, unha adaptación de “La Cenicienta” dos irmáns Grimm en clave de humor. Hai moito moito tempo, había un país moi rico gobernado por un Rei e unha Raíña xustos e bondadosos. El chamábase Cintolo e ela Madrepérola. Eran moi felices xunto co seu fillo Azul Celeste. Só unha preocupación atenazaba os seus corazóns, o desexo de ver ao seu fillo casado…

Xa o domingo en Sarria o grupo de teatro Nova Escena de Lugo representa “A tortilla e a peste”. Varias mulleres contan a súa experiencia durante o período do confinamento. A privación de contacto, o illamento, a distancia, fan que cousas cotiás, como unha simple tortilla, adquiran unha dimensión diferente, converténdose no “axis mundi” de personaxes ligados ao mundo a través do finísimo fío da tecnoloxía.

ÚLTIMAS

Unha apertura de portas nun encoro pon en perigo a dous pescadores en Carballedo

Os pescadores puideron saír polos seus propios medios despois de pedir axuda ao 112...

Primeira xuntanza sobre “Comunidades de Montes Veciñais e en Man Común, Montes de Saberes”, o 24 de abril ás 16:30 no auditorio de Escairón

A actividade enmárcase no proxecto Comunidades Rurais Sostibles desenvolvido por Acción contra a Fame...

Os libros protagonizan varias actividades en Bóveda

O programa Ler Conta Moito trouxo este martes ata o Centro Sociocultural de Bóveda...

Mes dos Libros e das Letras Galegas na Biblioteca Municipal de Chantada

A primeira proposta será o 26 de abril ás 18:00h con Conta e canta...