O 3 de xaneiro a Apalpadora en Escairón e Pantón

O luns 3 de xaneiro, a “filla do Apalpador” estará no Auditorio Municipal de Escairón, no Saviñao, ás 17.00 horas e na Casa da Cultura de Pantón, ás 20.00 horas.

Apalpadora / Vicepresidencia Deputación

O programa de visitas da Apalpadora organizado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo coa colaboración de asociacións de nais e pais e colectivos culturais das distintas comarcas inclúe dous encontros na zona sur para a primeira semana do ano.

A narradora, Antía Vázquez, acompañada polo músico, André Espiñeira, será a encargada de presentar ás crianzas esta personaxe, cun espectáculo que mestura narración oral e música.

A programación ten como obxectivo promover a presenza de tradicións propias na representación do Nadal e mantén a liña de colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén co tecido asociativo e os concellos para achegar alternativas culturais e de lecer a todo o territorio.

Ata a data, a Apalpadora protagonizou estes encontros lúdicos en centros educativos e espazos culturais de Cospeito, Lugo, Becerreá, Guitiriz, A Pastoriza, O Corgo, Sarria, Cervo, Viveiro e Xermade.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here