InicioCulturaO alcalde de Monforte anima a participar "nun entroido seguro en Monforte"

O alcalde de Monforte anima a participar “nun entroido seguro en Monforte”

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anima á participación de todos os monfortinos e monfortinas na celebración do vindeiro Entroido, logo de que a Consellería de Sanidade publicase o protocolo de medidas básicas para o desenvolvemento do mesmo, protocolo que permite a celebración desta festa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tal e como viñera indicando nos pasados días o rexedor municipal, “dende o Concello seguimos traballando para desenvolver con normalidade o noso calendario anual de actividades. E tal e como xa fixemos coa Cabalgata de Reis, desenvolveremos un Entroido seguro, dacordo coas medidas establecidas polas autoridades sanitarias”.

O protocolo ditaminado polas autoridades sanitarias recolle unha serie de medidas básicas encamiñado a garantir o uso seguro dos espazos públicos no exterior. Neste senso, incide na obrigatoriedade do uso da máscara en todo momento, a distancia interpersoal ou a hixiene de mans.

Da mesma forma, a utilización da vía pública para a celebración de desfiles ou exhibicións de música ou baile deberá desenvolverse nas condicións que determine a autoridade municipal correspondente, polo que dende o Concello traballase para garantir a celebración dos mesmos, velar polo cumprimento das medidas de seguridade, hixiene e distancia interpersoal vixentes.

“Os nosos veciños poden estar tranquilos, que dende o Concello traballamos para que o Entroido deste ano, logo de que o ano pasado non o puideramos levar a cabo, se celebre de xeito seguro”, subliñou o rexedor monfortino.

“Por iso, animamos ós veciños e veciñas de Monforte a que participen nos diferentes concursos convocados polo Concello para este Entroido 2020, pois garantiremos que se celebren con seguridade e respectando os protocolos de actuación en cada caso.”

O concello destina este ano 18.000 euros en premios para o Xoves de Compadres, Xoves de Comadres e Desfile de comparsas e disfraces do Martes de Entroido.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...