Ribeira Sacra en pintura

O Centro do Viño da Ribeira Sacra acolle ata o 6 de outubro unha exposición de Checha Montenegro con pezas inéditas da Ribeira Sacra.

Cartel da exposición / Checha Montenegro

A mostra da artista viguesa pode visitarse de martes a domingo en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00.

As pinturas de Checha Montenegro, compoñente do grupo artístico, Temare, sempre resultaron moi características, cheas de cores e cun trazo moi singular, calquera persoa que as vira antes sabería recoñecelas con facilidade. Teñen a capacidade de non deixar a ninguén indiferente.

A vida desta artista non só consistiu en crear, senón que dedicou gran parte da súa carreira a transmitir o seu talento e o seu amor pola arte.

 

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here