InicioCulturaExitoso paso de Ledicia Costas por Monforte

Exitoso paso de Ledicia Costas por Monforte

A coñecida escritora galega estivo o pasado venres 18 de marzo no IES A Pinguela pola mañá e na Librería Agrasar pola tarde. Nas dúas visitas deixou agradables e satisfactorias sensacións.

Publicado o

- Advertisement -

Para abrir a Semana da Poesía no IES A Pinguela, a Biblioteca do centro monfortino organizou un coloquio no que o alumnado de 3º de ESO A e B coincidía coa escritora Ledicia Costas.

O devandito coloquio centrouse no libro de lectura de Lingua Galega “O corazón de Xúpiter”, obra desta autora que foi galardonada co Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro infantil e xuvenil en 2012.

“Olga Novo, a súa profesora da asignatura, presentou a autora e a continuación os xóvenes lectores interesáronse pola trama e perfil dos personaxes do libro e o futuro dalgúns secundarios de especial atractivo para a xente nova”, comentaba o director Enrique Sampil.

Ao remate da sesión, a autora asinou libros e fotografiouse con fans.

Foto co alumnado do IES A Pinguela. Foto: E. S.

Ledicia Costas, aproveitando esta visita a Monforte, estivo entre as 16:30 e as 18:30 h. na Librería Agrasar. Nese tempo, moitas e moitos lectores seus tiveron a ocasión de coñecela persoalmente, intercambiar impresións, asinar libros e incluso fotografiarse con ela.

“Onte tivemos unha fantástica tarde na librería chea de fermosas charlas e sinaturas. Rapazada, nenas, nenos e adultos viñeron a visitarnos para recibir como se merece a Ledicia Costas”, expresaban ao día seguinte dende a Librería monfortina nas súas redes sociais.

LEDICIA COSTAS

Ledicia Costas gañou o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil en 2015,pola súa obra “Escarlatina, a cociñeira defunta”, obra pola que tamén recibiu o Premio Merlín de literatura infantil. Tamén conta co 1º Premio de poesía da Universidade de Vigo no 2007 e 2010 e en 2020 foi Premio da Cultura Galega.

Costas é a única autora galega que gañou dúas veces o premio Lazarillo de literatura infantil e xuvenil, concretamente no 2015 e no 2017, respectivamente, polas súas obras Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta e A balada dos unicornios.

É autora tamén de libros para adultos coma “Un animal chamado néboa” (2015),”Infamia” (2019) e “Golpes de luz” (2021).

Ledicia Costas falando do seu libro. Foto: E.S.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...