TodoCosmos en Monforte

A actividade desenvólvese este xoves día 13 na explanada da Compañia a partir das 21.30.

Explanada da Compañía / Concello de Monforte

O Concello de Monforte participa do proxecto TodoCosmos, posto en marcha pola Universidade de Santiago de Compostela e o Observatorio Astronómico da USC. O obxectivo deste tipo de propostas é achegar a astronomía á sociedade.

A cita co cosmos en Monforte é este xoves día 13 a partir das 21.30 na explanada da Compañía,  se as condicións meteorolóxicas o permiten. Dous expertos do Observatorio Astronómico da USC serán os encargados de explicar tódolos detalles que se poidan ver no firmamento. A actividade está aberta nesta a todos os interesados e é de balde.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here