InicioCultura"Quixote" no Multiusos de Monforte para público familiar

“Quixote” no Multiusos de Monforte para público familiar

O Concello de Monforte presenta este xoves, 28 de abril, ás 18:00 h, Quixote da compañía Pedras de Cartón, unha representación para público infantil e familiar que terá lugar no salón de actos do Edificio Multiusos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A representación forma parte do calendario de actuacións teatrais do primeiro semestre do ano incluídas na programación da Rede de Teatros e Auditorios da Xunta de Galicia. O concello escolleu ademais esta obra para conmemorar o 23 de abril, Día do Libro.

Quixote é un xogo cómico inspirado na coñecida obra de Cervantes. Un espectáculo para achegar os clásicos a toda a familia con humor e case sen palabras, no que Don Quixote viaxa polas terras de Castela co seu velocípedo, acompañado do fiel Sancho e un triciclo cargado de maletas.

Pedras de cartón traballa, desta volta, cunha estética inspirada no pallaso clásico e en clave de clown, afrontndo as escenas máis icónicas da novela, da relación antagónica entre Quixote e o seu escudeiro Sancho.

O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros para adultos e tres para público infantil. A venda de entradas farase dende unha hora antes da actuación, ás 17:00 h, e a entrada o salón de actos realizarase ás 17:45 h.

A seguinte obra do ciclo de teatro para público adulto programado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte será As que limpan da compañía A Panadería que terá lugar o xoves, 19 de maio, no Edificio Multiusos ás 20:15 h.

ÚLTIMAS

A historiadora Manuela Sáez dona ó Concello de Monforte unha réplica do busto do VII Conde de Lemos

A réplica deste busto foi doada por Sáez ó Concello de Monforte, e foi...

A Libraría Pelayo de Monforte presenta 3 libros este 23 de abril

A Libraría Pelayo de Monforte acolle este martes, 23 de abril, a presentación de...

A escritora quiroguesa Celia Díaz estará na ‘Diada de San Jordi’

Celia Díaz chega a Barcelona para vivir a experiencia de dar a coñecer as...

Completa fin de semana do Quixós en Portugal

O sábado 20 de abril competían en augas portuguesas, na II Copa Promoción Slalom,...