InicioCulturaMonforte festexa os Maios

Monforte festexa os Maios

O Concello de Monforte de Lemos recuperou este xoves, o tradicional concurso dos Maios, que se concentraron na praza de España a partir das 17:30 horas, logo de percorrer diversas rúas da cidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Recibidos pola Concelleira de Cultura, Marina Doutón, foron finalmente 15 os participantes que aportaron as súas obras nesta tradicional festa, na que non faltou tampouco o canto de coplas, a cargo dos alumnos e profesores do CEIP A Gándara.

Como xa indicara hai uns días o Alcalde, José Tomé Roca, este ano no que se recuperou este tradicional concurso destinouse un premio de 75€ para cada un dos participantes.  “O obxectivo era animar á participación e logo de contar con 15 inscritos podemos dicir que o obxectivo que nos marcamos foi acadado con éxito”.

Nesta edición dos Maios 2022, o Concello de Monforte repartiu 1.125 euros en premios.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...