Fotoxénica-mente en Sober

A exposición da Asociación Albores, asociación monfortina de apoio aos enfermos mentais, pódese ver ata o 7 de outubro no centro sociocultural de Sober.

Exposición Fotoxénica-mente / Concello de Sober

Desde o concello convídase á veciñanza a visitar esta mostra que permite tomar conciencia e sensibilizar á sociedade sobre este tipo de enfermidades.

A iniciativa, que ten carácter itinerante polos concellos da Ribeira Sacra, está composta polas imaxes presentadas ao primeiro Certame de Fotografía Fotoxénica-Mente organizado pola entidade o pasado ano con motivo do Día Mundial da Saúde Mental.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here