O empresario e político sarriao Venancio Vázquez protagonista dun acto na Biblioteca Pública Provincial da Xunta

A Biblioteca Pública Provincial da Xunta en Lugo acolle este xoves a partir das 19:00 a presentación do libro Venancio Maria Vázquez y Lopez: El chocolatero gallego y su fábrica La Fortuna en Madrid, escrito por Gregorio Sánchez Meco, doutor en Historia e cronista da vila de El Escorial

Venancio el chocolatero / operaprima.es

O acto dará comezo ás 19.00 horas no salón de actos, e contará coa participación de Lola Vázquez, bisneta de Venancio Vázquez, e da directora da Biblioteca, María Isabel Pérez Fórneas.

A obra repasa a traxectoria deste personaxe que deixou Sarria rumbo a Madrid aos 12 anos para aprender o oficio de chocolateiro da man do seu tío, Matías López, e chegou a converterse nun dos empresarios máis importantes do último terzo do século XIX, ademais de ser presidente do primeiro Centro Galego de Madrid e deputado en Cortes.

O libro está escrito por Gregorio Sánchez Meco, doutor en Historia e cronista do Escorial, nel repasa a traxectoria deste personaxe que se converteu nunha influínte figura no Madrid do último terzo do século XIX

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here