InicioCulturaSarria festexa as Letras Galegas con varias actividades

Sarria festexa as Letras Galegas con varias actividades

O luns 16 haberá un contacontos e o 17 un festival organizado pola entidade local Sarricanta. As dúas actividades serán na Casa da Cultura.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este luns, 16 de maio, a Casa da Cultura de Sarria acollerá ás 17:30 h. un contacontos centrado na obra e na vida de Florencio Delgado Gurriarán, o autor homenaxeado este no Día das Letras Galegas.

A través da súa vida, Trémola Teatro fará que se poidan coñecer os seus poemas, unha viaxe que axudará a comprender un pouco a nosa tradición facendo paralelismos coa actualidade que nos toca vivir.

A actividade está recomendada para nenas e nenos de 6 a 10 anos e a entrada será libre.

Para o martes, 17 de maio e Día das Letras Galegas, Sarria ‘reencontrarase’ co seu tradicional Festival das Letras organizado pola asociación local Sarricanta en colaboración co Concello de Sarria. Será ás 19:30 horas na Casa da Cultura e participarán, ademais do coro de Sarricanta, os Cantareiros da Unión, Rebuldeira Teatro e Siniestro Parcial.

Así, pois, unha tarde dedicada ás nosas letras onde non faltarán a lectura de poemas, o teatro e a música.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...