Galardón “Voluntariado de lectura” para o colexio de Sober

Desde o Concello de Sober felicitan ao CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober por este recoñecemento ao seu traballo.

Voluntariado de lectura colexio Sober / concello de Sober

O CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober vén de ser seleccionado como un dos dez centros de Galicia galardoados na iniciativa ‘Voluntariado de lectura’ entre un total de 64 centros presentados.

O programa de Voluntariado de lectura-A (Primaria) premia ao colexio de Sober cunha achega de 600 euros para o desenvolvemento dun obradoiro especializado destinado a aqueles alumnos que tiveran un papel protagonista participando no deseño e xestión de actividades na biblioteca escolar.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here